Quen somos

DSC_7611recolle+firmaA cooperativa Amarelante nace no ano 2013 como un proxecto de recuperación de soutos en estado de abandono para a produción de castaña de calidade que se comercializa baixo o selo de Castaña de Galicia.  Apostamos polo medio rural como o noso medio de vida, dende o respecto e o beneficio mutuo.

Situada no Concello de Manzaneda, na provincia de Ourense, esta cooperativa está formada por cinco familias que entenden este proxecto como unha ferramenta de transformación social. A actual situación de CRISE económica, ecolóxica e social demanda a posta en marcha de estratexias que redefinan a relación do ser humano co medio no que se desenvolve.

 

 

 

DSC_7737recollendo+firmaO proxecto consiste na posta en marcha dunha cooperativa de explotación comunitaria da terra no municipio ourensán de Manzaneda. A cooperativa encargarase principalmente da explotación de soutos para o aproveitamento comercial dos produtos agroalimentarios del derivados, principalmente castaña. O modelo de xestión elixido é o aluger/cesion dos soutos de propietarios da zona, co obxecto de realizar os traballos necesarios para a súa posta en produción.

Advertisements

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s